21 - 22 de Maio 2025, 18:00 - 19:30
A cargo de Ana Álvarez Veira
Celebramos as Letras Galegas, que este ano se dedican ás cantareiras, cun obradoiro de bordado literario.
Os e as asistentes bordarán en cor imaxes das cantareiras. Coas obras resultantes farase unha exposición temporal na biblioteca.
A partir de 14 anos
Duración: dúas sesións, mércores 21 e xoves 22 de maio, de 18:00 a 19:30 h.
20 prazas
Inscrición previa a partir do 14 de maio a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede a través de correo electrónico uns días antes da actividade.