Cacho Animalada (Festival Atlántica)

Imaxe
21 de Xuño 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Vero Rilo e Luis Iglesias

Todo o repertorio vai da man da música, da alegría, dos animais, e, por que non?, tamén de certas animaladas. Son tempos de soltar as melenas, de contar, cantar, bailar e correr coas feras que levamos dentro. Raposos, merlas, toupas, nenas, nenos? corredes connosco?

Duración: 45 minutos.

Inscrición desde o 16 de xuño.