Cal é a túa BD favorita?

Imaxe
10 de Marzo - 17 de Abril 2026, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Padlet colaborativo A miña BD favorita

Celebramos o Día do Cómic cunha actividade participativa. Queremos facer unha selección colectiva dos cómics favoritos das lectoras e lectores da biblioteca. Para iso empregaremos a ferramenta Padlet para que poidas subir a BD da túa elección cunha imaxe e un texto.

Tes que escanear o Código QR ou entrar na seguinte ligazón:

https://padlet.com/pablogomezrey/a-mi-a-bd-favorita-6d7c88cof0ucm7ul

Elixe a túa BD favorita, dálle ao + e sube a imaxe da portada, preséntate e cóntanos por que gustas desa BD nun máximo de 120 palabras. Non é preciso rexistrarse para participar. Podes facer a túa reseña ata o 17 de abril.

Logo faremos unha mostra bibliográfica coas vosas escollas e os vosos textos. En caso de que seleccionedes un cómic que non estea na nosa colección e estea dispoñible en librerías, trataremos de mercalo. 

Participa e comparte a túa afición pola banda deseñada. Agardamos a túa aportación.