Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas

Imaxe
03 de Maio 2025, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

A cargo de Polo Correo do Vento

Actividade baseada na publicación Cantareiras, a poesía popular nas Letras Galegas, da editora Lela Edicións.

Propoñemos contar de xeito adaptado as biografías das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas, facer un gran mural relacionado e cantar as pezas das propias homenaxeadas. Para rematar cada asistente debuxará unha caricatura dunha pandereteira. 

Público familiar a partir de 3 anos

Os e as participantes deberán traer un folio e unha cera de cor para pintar

Lugar: Salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala