Obradoiro con Ciencia Kids
Julio Verne foi consciente da necesidade de que a ciencia e a tecnoloxía interviñesen de maneira activa na narrativa moderna.
Os protagonistas das súas viaxes imaxinarias recorreron o planeta e mesmo visitaron algunhas das súas rexións descoñecidas, como o fondo do mar, as profundidades da Terra ou a traxectoria ata a Lúa.
Á parte da viaxe e as aventuras, a súa narración era a escusa para ilustrar aos lectores nas realidades e marabillas da ciencia.
A ciencia ficción configúrase tamén como unha narrativa apropiada para a aprendizaxe do futuro, xa que describe diversos mundos posibles por efecto da ciencia e a tecnoloxía.
Público infantil de 4 a 12 anos
Espazo de actividades da planta baixa
Duración: 60 minutos
Inscrición previa a partir do 25 de outubro ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.