Científicos por un día

Imaxe
08 de Novembro 2025, 11:00 - 13:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

A cargo de Ciencia Kids

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIOS PECHADOS.

A ciencia proporciona as ferramentas necesarias para comprender mellor o mundo que nos rodea. Fomenta a curiosidade e o sentido crítico. Lanza luz sobre a relación entre os seres humanos e a natureza, e lémbranos que os recursos naturais non son ilimitados. 

Actividade interactiva onde se farán experimentos científicos que todos os participantes poden levar a cabo, espertando o seu interese pola ciencia e a investigación. 

Público infantil de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

2 quendas:

Quenda 1: 11:00-12:00 h.

Quenda 2: 12:00-13:00 h.

15 prazas por quenda

Inscrición previa a partir do 30 de outubro a través dos formularios da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

Formulario de inscrición quenda 1

Formulario de inscrición quenda 2

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa será admitida nunha única quenda. No caso de inscribirse en ambas quendas, e resultar admitida, asignaráselle praza na quenda que elixise en primeiro lugar.

No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade