Como deseñar unha cidade: learning from Las Vegas

Imaxe
30 de Novembro 2024, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Obradoiro a cargo de Nuria Prieto

PRAZAS ESGOTADAS

Deseñar unha cidade non é sinxelo, estas adoitan estar sometidas a cambios constantes que afectan ás persoas que as habitan.

Os arquitectos Denise Scott-Brown e Robert Venturi realizaron un estudo chamado Learning from Las Vegas que propuxo unha peculiar maneira de construír e ver a cidade con “patos” e “caixas decoradas”.

Público infantil de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

Duración: 60 minutos

15 prazas

Inscrición previa a partir do 18 de novembro ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.