23 de Maio 2026, 11:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Roteiro da man da historiadora e escritora Encarna Otero
Begoña Caamaño chegou a Compostela para traballar e vivir e a súa pegada quedou en moitos espazos que ela percorreu e habitou. Despois do seu pasamento, a cidade recoñeceu o seu traballo, a súa loita, o seu tempo de lecer. Compostela está xa iluminada polo ronsel que Begoña deixou nela. Por iso cumpre mirala co seu ollar.
Dirixido a 35 persoas de 16 a 99 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.
Datos da imaxe: Lee, Pascale. Parque Begoña Caamaño. En: A Compostela de Begoña Caamaño. El Patito Editorial, 2026