29 de Setembro 2026, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Obradoiro da man de Árbore azul
Celebramos o Día da Tradución cunha actividade moi especial! A literatura ilustrada presenta un reto engadido: a imaxe condiciona a tradución final. A través duna práctica sinxela, mergullarémonos no mundo da tradución para descubrir as dificultades e as marabillas deste oficio.
No salón de actos. Para 15 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.