Construción e programación de robots

Imaxe
15 de Novembro 2025, 11:00 - 13:45
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

A cargo de Enxeñolabs by Dismedia

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIOS PECHADOS.

O obxectivo da actividade é familiarizar aos participantes coas disciplinas STEAM, en concreto coa robótica, na resolución de problemas e na execución de proxectos para nenas e nenos entre 6 e 12 anos, fomentando así o gusto e a curiosidade pola ciencia e a tecnoloxía. 

A actividade consistirá en construír e programar por bloques un robot, empregándose unha metodoloxía activa na que os/as participantes resolverán un reto empregando o material facilitado. 

Público infantil de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

2 quendas:

Quenda 1: 11:00-12:20 h.

Quenda 2: 12:30-13:50 h.

15 prazas por quenda

Inscrición previa a partir do 6 de novembro a través dos formularios da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

Formulario de inscrición quenda 1

Formulario de inscrición quenda 2

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa será admitida nunha única quenda. No caso de inscribirse en ambas quendas, e resultar admitida, asignaráselle praza na quenda que elixise en primeiro lugar.

No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade