Construíndo contos (4-6 anos)

Imaxe
14 de Abril 2025, 11:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

A cargo de Proyecto Bululú

"O soño de Matías": Algunha vez pensaches que un soño podería convertirse nunha obra de arte dun museo? Descúbreo con nós e un pequeno ratiño chamado Matías. 

Proposta didáctica de fusión da animación á lectura coa actividade plástica, combinando o hábito lector e a elaboración de producións artesanais a través dos libros. 

A cargo de Proyecto Bululú

Público infantil de 4 a 6 anos (e as súas familias)

Lugar: Espazo de obradoiros da biblioteca

Duración: 90 minutos 

20 prazas

Inscrición previa a partir do 2 de abril a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.