A cargo de Proyecto Bululú
PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO
"Un esqueleto bailarín": un científico especialista no corpo humano e o seu axudante italiano. Unha clase maxistral de ósos e moita, moita loucura. Ven con nós e descúbreo.
Proposta didáctica de fusión da animación á lectura coa actividade plástica, combinando o hábito lector e a elaboración de producións artesanais a través dos libros.
A cargo de Proyecto Bululú
Público infantil de 7 a 10 anos (e as súas familias)
Lugar: Espazo de obradoiros da biblioteca
Duración: 90 minutos
20 prazas
Inscrición previa a partir do 3 de abril a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.