Contábanmo na casa

Imaxe
24 de Outubro 2024, 10:00
Biblioteca Pública Municipal de Meira

Actividade do programa Ler Conta Moito con Carlos Alba

Texto de presentación da actividade

Contos de tradición oral dos que se contaban na casa a carón do lume. Facendo por achegar ás nenas e nenos o mundo das fórmulas e repeticions, as cántigas que narran, os seres mitolóxicos. O imaxinario popular transmítese dende a expresión corporal e vocal, invocando xigantes, ananos, animais…

Programa

Celebración do día da Biblioteca no que os nenos do CEIP Poeta Avelino Díaz de Meira se achegarán á Casa da Cultura onde está ubicada a mesma.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 24/10/2024 - 10:00

Lugar de celebración

Centro Socio-Cultural de Meira.