Contacontos en movemento: libros e ioga!

Imaxe
20 de Setembro 2024, 17:30
Biblioteca Publica Municipal Xabier P. Docampo

Actividade do programa Ler Conta Moito con Árbore Azul

Texto de presentación da actividade

Contacontos en movemento: libros e ioga!

Unha historia participativa, unha danza entre letras, imaxes e natureza. A partir dun álbum ilustrado, contaremos unha historia coa voz e co corpo. Unha historia que vai decorrendo a través de posturas de ioga, do ritmo da respiración e da imaxinación de todas as participantes.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (4-6, 7-9)

Duración

75 minutos

Sesións

  • Sesión única: 20/09/2024 - 17:30

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo