24 de Outubro 2024, 11:00
Biblioteca Pública Municipal do Saviñao
Actividade do programa Ler Conta Moito con Eduvía (Vías para a Educación)
Texto de presentación da actividade
Sesión de contacontos destinada a bebés, e a adultos acompañantes, con ganas de compartir unha experiencia feliz, da man das palabras, as emocións que acompañan as palabras, as cancións, a lectura, os libros,...Todo acompañado de obxectos manipulables para chamar a atención deste público inquieto, e á vez, ávido de experimentar, de gozar, xunto aos seus seres queridos
Programa
Celebración do Día das Bibliotecas
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Público infantil
Duración
30 minutos
Sesións
- Sesión única: 24/10/2024 - 11:00
Lugar de celebración
Biblioteca municipal, sala infantil