Contiños e aloumiños

Imaxe
22 de Maio 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense

Bebeconto con Marisa Irimia

Mergúllate nun mundo de fantasía con “Contos e aloumiños”.

Nesta sesión interactiva, os bebés explorarán historias cheas de cores, texturas e sons. A través de relatos breves e dinámicos crearemos un espazo acolledor e máxico, ideal para espertar a imaxinación e sementar as sementes de futuros lectores. Unha cita imperdible para as familias que queren vivir a maxia dos contos e onde as primeiras aventuras literarias son as protagonistas.

Actividade para bebés de 1 a 3 anos acompañados por unha persoa adulta. 

Duración: 30 minutos

Prazas limitadas. Inscricións dende o venres anterior ás 9.00 h nos teléfonos: 988 788385 / 386

Só se poderán reservar 2 prazas por chamada