Contiños e xogos de Lup

Imaxe
08 de Maio 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense

Bebeconto con Soledad Felloza

Seguen as aventuras do noso amigo lobo. Lup queda na casa os día de choiva e frío pero non se aburre, ten moitos contos e aprende moitos trabalinguas, xogos cos dedos, adiviñas e cantigas. 

Un espectáculo de pequeno formato para bebés de 1 a 3 anos acompañados por unha persoa adulta. 

Prazas limitadas. Inscricións dende o venres anterior ás 9.00 h nos teléfonos: 988 788385 / 386

Só se poderán reservar 2 prazas por chamada