15 de Febreiro 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos a cargo de Ana Carreira
Historias de pequenos seres con moita forza, moitas ganas e moi simpáticos: unha formiga que fai bailar a unha cabra montesa; un rato que acorda a uns avós do sono e lles esperta o maxín e outro que se enfronta a un gato e convértese no Rato Pincho.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.