01 de Xuño 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos da man de Iván Dávila
Coñeces ós trasnos que habitan na nosa terra? O trasno Busgoso, cos seus pezuños e cornos de chivo, larpeiro e burlón. O Burleiro, un grandísimo transformista, capaz de adoptar forma de cabalo, becerro ou burra. Os Meniñeiros, cativos e invisibles, coa misión de facer rir ós bebés...
Recuperación de historias e lendas tradicionais galegas recollidas da tradición popular.
No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos