Contos de trasnos e meigallos

Imaxe
03 de Maio 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Ivan Davila

Coñeces ós trasnos que habitan na nosa terra? O trasno Busgoso, cos seus pezuños e cornos de chibo, larpeiro e burlón. O Burleiro, un grandísimo transformista, capaz de adoptar forma de cabalo, becerro ou burra. Os Meniñeiros, cativos e invisibles, coa misión de facer rir ós bebés...

Recuperación de historias e lendas tradicionais galegas recollidas da tradición popular.

Duración: 45 minutos.

A partir de 4 anos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade de forma presencial ou chamando ao teléfono 886 120 445.