Contos e teatro, dous nun!

Imaxe
23 de Abril 2025, 11:00
CEIP Valle-Inclán, Mugueimes

Celebramos o Día do Libro con Manoel Fontemoura

O día 23 de abril celebramos o Día do Libro con Manoel Fontemoura, autor de literatura infantil e xuvenil e mestre de teatro.

Manoel desenvolverá unha actividade que mestura a técnica teatral coa do contacontos. Nela narrará diferentes contos da súa autoria e traballará, coas persoas asistentes, a voz e a expresión corporal. 

Levaranse a cabo 2 pases, con contos e temáticas diferentes.

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 120 minutos

Horario: 11:00-13:00 horas

Espazo: CEIP Valle-Inclán, Mugueimes (Muíños)