Contos michiños

Imaxe
07 de Xuño 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos a cargo de Sole Felloza

Nuno é un gato curioso, irreverente e cheo de imaxinación. Vive no seu mundo felino como se fose un rei, e cada día é unha nova aventura: perseguir sombras, soñar con paxaros imposibles ou facerlle trampas ao reloxo da casa. Nos "Contos Michiños", as súas pequenas trapalladas convértense en contos cheos de humor, tenrura e algunha que outra reflexión miúda sobre o mundo dos humanos.

Nota da autora:

Nuno é o meu gato. Chegou ás nosas vidas un día de verán e puxo todo patas arriba. Gústalle durmir enriba da miña barriga, acariñarme coas patiñas e compartir comigo pratos tan inesperados como repolos, grelos ou unha boa caldeirada de raia. Con el aprendín a escoitar doutro xeito, a mirar con máis atención e a contar dende a súa altura de bigotes. Este espectáculo nace dese encontro real cun ser extraordinario que me ensinou novas formas de contar.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.