Contos para escoitar mentres bailamos un valse

Imaxe
29 de Decembro 2025, 11:00
Casa da Cultura (A Notaria, Padrenda)

Un espectáculo dan man do “Gran Director de Orquestra” Caxoto, cheo de fantasía e da nosa música.

“Sabela era una nena á que lle encantaba a música. Tanto que pasaba o día cantando, bailando, asubiando... Un día a súa nai dille: E por que non aprendes a tocar un instrumento musical? A Sabela aquilo pareceulle unha boa idea e púxose a pensar que instrumento quería tocar... pero eran tantos!...”

Baixo esta premisa asistiremos á viaxe fantástica que Sabela fai por varios instrumentos ata ir a dar co seu instrumento favorito (gaita, acordeón, xilófono, pandeireta...).

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 60 minutos

Horario: 11:00-12:00 horas

Espazo: Casa da Cultura (A Notaria, Padrenda)