20 de Decembro 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Pavis Pavos
Sesión de contos marabillosos para viaxar por un mundo máxico. Cando abres ben as orellas podes escoitar historias de xigantes e ananos, bruxas e trasnos, apócemas máxicas, viaxes marabillosas, princesas e dragóns… Queres abrir moito, moito as orellas para viaxar por este mundo máxico?
Idade: de 4 a 12 anos.
Duración: 45 minutos.
Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.