CSI: O roubo da tarta

Imaxe
09 de Novembro 2024, 11:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Convértete nun axente de policía e investiga, empregando a ciencia, o misterioso roubo da tarta. Busca pegadas, elabora retratos robot e analiza o ADN, mentres resolves o crime.

Actividade a cargo de Ceo aberto

Público infantil e xuvenil de 7 a 14 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

Duración: 60 minutos

20 prazas

Inscrición previa a partir do 28 de outubro ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, no caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade