Documental: Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe.

Imaxe
28 de Agosto 2026, 12:00
Centro Cultural do Picouto

Hai paisaxes que se miran e paisaxes que se len. Otero Pedrayo ensinounos a facer as dúas cousas á vez.

Con motivo do Ano Oteriano, convidámosvos á proxección do documental "Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe", dirixido por María José Bravo Bosch. Un achegamento diferente á figura deste escritor, xeógrafo e intelectual galeguista, e á súa forma tan persoal de sentir Galicia a través do territorio.

Actividade aberta a todos os públicos

Horario: 12:00h - 12:40h

Lugar: Centro Cultural do Picouto, Ramirás