Sabores e saberes. As mulleres que alimentan a vida

Imaxe
08 de Outubro 2026, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Proxección do documental

Celebramos o Día do Patrimonio Cultural Inmaterial coa proxección do documental Sabores e saberes As mulleres que alimentan a vida, dirixido por Encarna Otero e producido polo Consello da Cultura Galega, unha homenaxe ao traballo invisible das mulleres galegas no sector agroalimentario, destacando o papel das cociñeiras tradicionais e as gardiás do patrimonio. A peza rende tributo ao labor das mulleres como produtoras, transformadoras e cociñeiras, recuperando técnicas, receitas e a memoria oral das distintas comarcas galegas. Ademais, pon en valor a soberanía alimentaria e a importancia dos produtos de proximidade.

O documental recolle a historia de varias mulleres adicadas a dar de xantar nos seus negocios: Casa Consuelo, en Arzúa mediante a testemuña de nai e filla á fronte da cociña despois de varias xeracións; Ana Portals do Solleiros e Lucía Freitas de A Tafona e o seu proxecto Amas da Terra.

Tamén é unha homenaxe á fotografa Ana Turbau, que tanto traballou na Galiza e que depositou parte do seu arquivo no Consello da Cultura Galega.

Presentarán o acto Encarna Otero Cepeda, Lucía Freitas e as técnicas do Consello da Cultura Galega Beatriz Pérez Mosquera e Teresa Navarro Quinteiro.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.