E a ti...que che contaban?

Imaxe
26 de Outubro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos a cargo de Vero Rilo

Espectáculo de narración oral para público familiar da man da mestra e contadora Vero Rilo no que achega unha selección de contos de autor, tradicionais e de recollida, xunto con xogos cotiás que xa non o son tanto. Un achegamento á memoria tradicional e familiar compartida.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.