É un libro

Imaxe
19 de Outubro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos a cargo de Sole Felloza

Dous amigos teñen unha conversa divertida e surrealista para definir o que é un libro. Pódense axustar as páxinas, ten contrasinal, como o cargas? E onde gardan tantos libros!

Shhhh...calma, hai un lugar máxico onde viven os libros comodamente, é na Biblioteca! E os contos desta sesión sairán todos dela.

No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.