Encontro coa autora arredor de "As Alumnas"

Imaxe
13 de Setembro 2024, 19:00
Biblioteca Pública Municipal do Grilo

Actividade do programa Ler Conta Moito con Paula Carballeira

Texto de presentación da actividade

Falemos de teatro, de ler teatro e imaxinalo. Arredor da peza "As alumnas", a súa autora, Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, conversará sobre o proceso creativo dunha obra teatral, das mulleres na historia, na educación, de memoria e identidade.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público adulto

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 13/09/2024 - 19:00

Lugar de celebración

Biblioteca do Grilo-Cacheiras