Enrique Labarta Pose

Imaxe
25 de Abril 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Contacontos ilustrado e musicado

Contacontos ilustrado e musicado sobre Enrique Labarta Pose, escritor de Baio moi querido en Pontevedra. Primeiro narraremos a súa biografía adaptada para a cativada, acompañada dunha ilustración e música en directo. A continuación realizaremos, nun obradoiro de debuxo, a caricatura do autor.

Data e hora: venres 25 de abril ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil, a partir de tres anos

Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala