ESCAPE ROOM: Os misterios da biblioteca

Imaxe
25 de Outubro 2025, 12:00
Casa da Cultura do Concello de Verea

Vén celebrar connosco o Día das Bibliotecas!

A nosa biblioteca agocha unha serie de misterios que agardan ser resoltos... Serás quen de superar este reto en menos de 60 min.?

Desfruta dunha actividade que porá a proba o teu enxeño, a túa capacidade de observación e, sobre todo, de traballo en equipo.

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 60 min.

Horario: 12:00-13:00 horas

Espazo: Casa da Cultura, Verea