Caracterización do edificio e reflexión sobre a adaptación ao calor
A escola de calor é unha iniciativa científica sobre a adaptación dos territorios ao cambio climático.
Durante esta semana converteremos á Biblioteca nun caso de estudo para diagnosticarmos o confort térmico do edificio a través dun protocolo participativo de de medición. E tamén en paralelo teremos diferentes obradoiros, mesas redondas, proxeccións ...en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e a Toulousse.
Este luns teremos dous obradoiros: Montaxe e instalación de sensores na Biblioteca (ÁS 11.00 H) (COMPLETO) e Caracterización do edificio e reflexión sobre a adaptación ao calor ás 18.00 h.
Este obradoiro está pensado para maiores de 14 anos e precisa de inscrición previa que pode facerse chamando ao número de teléfono : 988 788385