Escola de calor - Obradoiros

Imaxe
06 de Xuño 2024, 11:00
Biblioteca Pública de Ourense

Cartografía colectiva

A escola de calor é unha iniciativa científica sobre a adaptación dos territorios ao cambio climático.  

Durante esta semana converteremos á Biblioteca nun caso de estudo para diagnosticarmos o confort térmico do edificio a través dun protocolo participativo de de medición. E tamén en paralelo teremos diferentes obradoiros, mesas redondas, proxeccións ...en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e a Toulousse.

Este xoves, entreo outras actividades, teremos dous obradoiros. O primeiro, Cartografía colectiva: refuxios climáticos en Ourense (de 11.00 a 14.00h)  será impartido por Iago Carro (aruitecto, Ergosfera) 

Este obradoiro está pensado para maiores de 14 anos e precisa de inscrición previa que pode facerse chamando ao número de teléfono : 988 788385