06 de Xuño 2024, 16:00
Taller de impresión climática
A escola de calor é unha iniciativa científica sobre a adaptación dos territorios ao cambio climático.
Durante esta semana converteremos á Biblioteca nun caso de estudo para diagnosticarmos o confort térmico do edificio a través dun protocolo participativo de de medición. E tamén en paralelo teremos diferentes obradoiros, mesas redondas, proxeccións ...en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e a Toulousse.
Co taller desta tarde, de Impresión Climática impartido por Alouette Machine péchase esta escola de calor. É un taller pensado para todos os públicos, é unha actividade aberta que estará dende ás 16.00 ata as 20.00h. podedes achegarvos cando queirades!