Exposición: O mundo dos selos

Imaxe
18 - 20 de Decembro 2023, 11:00 - 19:30
Biblioteca Pública de Ourense

XXV Anos da Campaña Escolar

 Contaremos na Biblioteca co exposición organizada por Correos e Telégrafos e a Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI) servíndose da experiencia da Comisión de Xuventude de FESOFI que dende 1992 realizou campañas de promoción do selo con participación de máis de 800.000 escolares de toda a xeografía española. 

A mostra pretende:

  • Familiarizar aos escolares coa filatelia como un elemento de cultura e diversión.

  • Integrar o selo nas actividades de ocio das nenas e dos nenos, colaborando así na súa formación persoal.

  • Conseguir que a palabra CORREO non se identifique inmediatamente con e-mails.

  • Recuperar a tradición de escribir cartas.

  • Fomentar o uso da expresión escrita.