Expresarte

Imaxe
16 de Abril 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense

Obradoiro de comic con María Lires

Nesta semana de Semana Santa contaremos cuns obradoiros polas mañás para nenas e nenos de 6 a 12 anos. 

Hoxe contaremos con María Lires que tráenos un obradoiro baseado na análise da expresión facial no eido do comic e da ilustración. 

Estudaremos os cambios faciais e construiremos o noso "alter ego". 

Se vos gusta debuxar e a ilustración, non o perdades! 

Duración: 60 minutos

Para asistir a ela é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386 dende o venres 11 de abril.