A fábrica de títeres

Imaxe
25 de Abril 2026, 11:30
Biblioteca Pública de Ourense

Obradoiro con Tarabelos para celebrar o Día do libro

Nos nosos sábados okupados na biblio temos hoxe un obradoiro especial con Tarabelos para rematar de festexar o "Día do Libro".

Atividade para nenas e nenos de 7 a 12 anos. 

Para asistir a ela é necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres 17 de abril ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386