Fazulas e o ladrón de paraugas

Imaxe
20 de Setembro 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos a cargo de Bandullo Azul

O espectáculo conta a viaxe de Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio emprenderá unha fantástica aventura collido á empuñadura dun paraugas.

Un espectáculo ideal para traballar en valores. O contacontos mergúllanos no eido da curiosidade infantil, naquela etapa na que as cativas e os cativos son exploradores do mundo, comezando o camiño da súa aprendizaxe. Tamén quere sensibilizar aos máis pequenos e pequenas en temas como a violencia machista, os conflitos bélicos ou a indefensión que sofren en moitos países do terceiro mundo.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.