A física e a luz

Imaxe
23 de Novembro 2024, 11:30
Biblioteca Pública de Ourense

Obradoiro de divulgación científica con Vermislab

O obradoiro consistirá na realización de experimentos relacionados coa luz. Farase un proxecto de creación de hologramas e explicarase como funciona a refracción da luz en diferentes materiais.

As nenas e nenos participantes levarán para a casa o proxecto realizado. 

Actividade para público infantil de 7 a 12 anos.

Inscricións dende o venres anterior ás 9.00 h nos teléfonos 988 788385 / 386.