A fórmula da ilusión

Imaxe
22 de Novembro 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

O Mago Paco

Neste espectáculo, «O mago Paco» mestura dúas disciplinas: a ciencia e a maxia, que a simple vista parecen non ter nada en común. Pero acabará demostrando o moito que se parecen e todo o que comparten cando nos achegamos a elas dunha maneira diferente e moi divertida.

Idade: de 6 a 12 anos.

Duración: 60 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.