04 - 30 de Xuño 2025, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Exposición de fotografía a cargo da Asociación Cultural Fotoforum Compostela
Trátase dunha mostra de fotografías inspiradas na novela gráfica Os suicidantes de Diego Ameixeiras e Tomás Guerrero, unha distopía ambientada en Compostela, co fin de celebrar o Día das Letras Galegas. Esta actividade conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Do 4 ao 30 de xuño no vestíbulo. Pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.