Froitas : contos e cantos para bebés

Imaxe
06 de Marzo 2026, 17:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Sesión de contos con música para bebés, na que nenos e nenas aprenderán a nomear as  froitas, as árbores e os animaliños da granxa.  Nesta divertida sesión con música en directo, gozarán de contos e cancións nos que a natureza é a protagonista.

Unha actividade na que os nenos e as nenas compartirán con aqueles que os coidan e os educan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns; espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola natureza, a literatura, a música e a tradición oral.

 

Data e hora: venres 6 de marzo ás 17.00 h.

Público destinatario: bebés, de 0 a 3 anos acompañados de ata 2 adultos.

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 25 de febreiro ás 09.00 h.