15 de Maio 2025, 10:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A cargo de Eduvía
A biblioteca acolle dúas sesións do Gran Xogo sobre as Letras Galegas da man de Eduvía. Este xogo, ademais de divertido, serve para que as pequenas e pequenos participantes aprendan algúns datos importantes sobre a poesía popular oral, personificada nas cantareiras, homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025 e sobre outras curiosidades relacionadas con esta data.
Actividade dirixida ao alumnado dun centro educativo de Santiago de Compostela. Acceso restrinxido.