Heart of Gaza

Imaxe
30 de Xuño - 18 de Setembro 2025, 19:30
Biblioteca Pública de Ourense

Memoria dun neno palestino - Arte infantil no Xenocidio

A exposición, a través dos debuxos das nenas e nenos de Gaza, ofrece unha visión íntima da realidade vivida da infancia nun xenocidio, representando tanto os horrores como os momentos de beleza, de recordos entrañables tinguidos de melancolía, de resiliencia e desafío, e de esperanza no futuro.

Pódese visitar no vestíbulo da Biblioteca.