07 de Decembro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos a cargo de Artear Teatro
O inverno está a chegar montado no vento, acompañado de auga e frío, das vacacións da escola e tamén do Nadal. Unha etapa máxica na que pode acontecer calquera cousa... e incluso algúns problemiñas que non impedirán celebrar as festas do Nadal.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.