Historias dun mundo grande

Imaxe
08 de Novembro 2025, 12:00
Porta do Xurés do Concello de Lobeira

Coñecendo as historias da cadeliña Becki con Fran Ameixeiras, de Bandullo Azul.

O mundo está cheo de historias diferentes, de culturas diferentes, de persoas diferentes.

En Historias dun mundo grande a cadeliña Becki, desde a súa biblioteca onde pasa tanto tempo lendo e escribindo, cóntanos historias que foi coñecendo nas súas viaxes polo mundo. Historias de colaboración e de solidariedade entre as persoas. E con ela cantamos e bailamos para celebrar o respecto e a felicidade.

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 60 minutos

Horario: 12:00-13:00 horas

Espazo: Porta do Xurés (Lobeira)