24 de Outubro 2024, 17:00
Actividade do programa Ler Conta Moito con Sonia Hermida
Texto de presentación da actividade
Cantas historias viaxan nas cartas e postais? Dende cando non recibes unha carta no teu buzón? E, se recibes algunha, quen as envía? Neste obradoiro por vía postal percorreremos diversos títulos que nos achegan ao mundo das cartas en papel. Coñeceremos algunhas das súas curiosidades e realizaremos as nosas propias creacións tomando como exemplo algunhas das obras que descubriremos.
Programa
Día da Biblioteca
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Público infantil (De ser posible, con idades entre os 5 e 11 anos)
Duración
90 minutos
Sesións
- Sesión única: 24/10/2024 - 17:00
Lugar de celebración
Biblioteca Pública Municipal