II Velada literaria dos obradoiros de escritura da Biblioteca Nós

Imaxe
14 de Maio 2026, 19:00
Biblioteca Pública de Ourense

O día 14 de maio ás 19:00, temos preparada unha xuntanza aberta dos obradoiros de escritura creativa da biblioteca. Unha velada onde algúns dos seus integrantes amosarán o que aprenderon durante o curso a través da lectura de textos propios compostos para a ocasión ou traballados durante as nosas sesións de escritura.

Con esta actividade buscamos fomentar a lectura en voz alta e a escoita activa.

Entrada libre ata completar aforo.