27 de Decembro 2023, 12:00
María Lires
A Biblioteca abre as súas portas ao Nadal creando un espazo de creatividade onde os participantes poderán deseñar e desenvolver a súa imaxinación mediante o emprego de diferentes técnicas artísticas e materiais, dando forma a unha proposta pensada para esta época do ano.
Público infantil de 6 a 12 anos
Espazo de obradoiros da biblioteca
Duración: 60 minutos
Inscrición previa a partir do 18 de decembro ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.